Contacto: sondeos@rioulla.com
Inicio | Empresa | Servicios | Galeria | Localizacion | Contacto
  SERVICIOS:
  » Perforación dirixida
  » Topos
  » Soldaduras
  Outros Servicios
        » Pozos de Barrena
        » Xeotecnia
        » Inst. Bombas
        » Tomas de terra
        » Construcción



ISO 9001:2000

PERFORACIÓN DIRIXIDA

Método de perforación horizontal que se realiza de superficie a superficie, polo que non é precisa a apertura de fosos de saída e chegada.

Despois de varios anos de experienza na perforación horizontal dirixida, a empresa incorpora a VERMEER NAVIGATOR 16X20A, máquina que completa a oferta en perforación horizontal de Sondeos Río Ulla S.L.

Este equipo permite facer perforacións de máis de 120 metros de longo e de 400 milímetros de diámetro máximo sen necesidade de apertura de fosos.

O sistema de localización e guiado DIGITRAK MARKIII, permite coñecer en todo momento a situación, profundidade e dirección da perforación para poder variar a súa traxectoria e levala ata o seu destino. Podemos guiar a perforación ata os 20 metros de profundidade, o que fai que sexa o método de perforación ideal para o cruce de ríos, estradas, e outros tipos de vías, etc.

Outra das moitas aplicacións deste tipo de perforación é a realización de traballos en chan urbano, debido ao pouco impacto que produce no entorno das obras a realizar. Puidendo usarse incluso en xardíns e parques infantís evitando a destrucción dos mesmos.

Dende o ano 2005 a empresa conta cunha perforadora dirixida con maior capacidade de traballo, a Case 6010 coa que se alcanza unha capacidade de tiro de 13500 Quilogramos. E que realiza perforacións de ata 160 mts. de lonxitude e dun diámetro de 500 mm.

Neste mesmo año adquírese o sistema de guiado Digitrak Eclipse, o que nos permite unha precisión exacta na localización da perforación.

A última incorporación da empresa é a Power-Bore 50, unha perforadora con capacidade de arrastre de 56.000 Kg. Con iso dase salto moi importante no que á capacidade de traballo se refire; esta máquina permite realizar perforacións de ata 520 mts. de lonxitude e 800 mm. de diámetro.

Con estas últimas incorporacións a nosa empresa colócase na vangarda da perforación horizontal e permítenos solucionarlle cualquera traballo que vostede nos solicite.

© 2010 - Sondeos Rio Ulla, S.L.
Aviso legal